PRESENTACIÓN
A Korean Friendship Association é unha organización internacional, de carácter cultural e non lucrativo, que pretende fomentar a amizade de dos pobos do mundo con Corea, co interese de amosar a realidade do país nos seus diferentes ámbitos: Cultural, económico, social, político, a súa historia, as novas recentes...
Coidamos que todo isto é de grande interese, xa que por unha banda a exoticidade da cultura oriental ante os nosos ollos, inclúe non só un diferente estilo etnolóxico, pictórico ou arquitectónico (o que primeiro chama a atención), senón que tamén eles teñen outra mentalidade, forma de concebir o mundo... dacordo co xeito co que transformaron a natureza cara os seus intereses, as infuencias que recibiron doutros pobos e as súas condicións físicas coma pode ser o clima ou o terreo.
Mais Corea non só suscita interese pola súa lonxanía a Occidente. A súa particular situación política é algo que pon ó país de máxima actualidade: A división forzada en dous estados ó longo do paralelo 38º, o estabrecemento de 40.000 soldados e 1.000 cabezas nucleares de EEUU na parte Sur, e as continuas ameazas da Administración Bush ó Norte, levan á necesidade de romper ó bloqueo informativo que leva a cabo EEUU sobre o tema de Corea. Coa súa política imperialista, EEUU dificulta perigosamente o desexo de reunificación pacífica do pobo coreano.
Esta web, co interese de achegar o tema de Corea ó pobo galego, céntrase en dous aspectos a tratar, ademais da cultura e da forma de vida coreana: Por un lado rexeita a campaña de demonización da Administración Bush contra a República Popular Democrática de Corea, e por outro recolle os pasos que se dan cara a reunificación pacífica, obstaculizada sistemáticamente por EEUU na súa ambición de colonizar pola forza a totalidade do país. A ameaza dunha nova guerra contra a parte Norte só pode ser solucionada coa retirada das tropas norteamericanas do Sur, e o recoñecemento do Dereito de Autodeterminación para o que se supón un país soberano e independente. Precisamente por iso consideramos a RPD de Corea coma ó único estado lexítimo da península, xa que o Sur é pouco menos que unha colonia dos EEUU, incapacitado para poder levar a cabo a súa vontade pola ocupación forzosa norteamericana. Isto non quere dicir que nos pasos que se dan cara a reunificación non se deba ter en conta a opinión do goberno do Sur, xa que esta só pode facerse co respeto mutuo de ámbolos dous sistemas, o socialista do Norte e o capitalista do Sur, xa que é o desexo en común a tódolos coreanos, indepedentemente da súa ideoloxía, clase social ou relixión: O único que quere dicir é que os EEUU non teñen ningún dereito a condicionar a política de Corea do Sur coa súa actitude belicista. O imperialismo é o inimigo común a tódolos pobos, denunciar a ocupación ianqui en Corea do Sur é denunciala en todo o mundo. Por iso reclamamos a dignidade de tódolos pobos a dicidir por sí mesmos o seu propio futuro, sen inxerencias externas de ningún tipo. Coa súa agresiva campaña de demonización á RPD de Corea, EEUU pretende xustificar unha nova invasión, xustificada ademais co slogan de que “Corea de Norte é unha ameaza”. Isto deixa sen respostar unha pregunta ¿cal é o primeiro país do mundo productor e exportador de armas de destrucción masiva? ¿de que país provén a verdadeira ameaza á paz mundial? ¿cales son os intereses de EEUU en Corea? Nesta páxina tentaremos dar resposta a estas e outras moitas preguntas
|
A RPDC NUNHA OLLADA
REUNIFICACION E PAZ Contacto: galicia@korea-dpr.com |
|