CULTURA

A cultura coreana é unha fusión histórica única de elementos nativos con algunhas influenzas do Xapón e da China. O arte coreano tende a reflectir o poder da natureza. Alguns elementos culturais estan influenciados polo Confucionismo e o Budismo Zen. O nativo Shamanismo influiu asemade a música e o teatro tradicionais. O país ten unha grande herdanza cultural, que o goberno da RPDC fomenta a reforzar e preservar.

Música e danza

A antiga música de Corea foi grandemente desenrolada no século XV. A música coreana é moi distintiva, a pesares da influenza da China e o Xapón. As dúas formas principais son a ceremoniosa “chongak” e a folklórica “minsogak”, e é caracterizada por abundantes ritmos e inventividade melódica. A música e a danza coreana foi revitalizada por Kim Il Sung trala revolución. No Sur, a música coreana foi reemprazada pola música pop occidental, e a xente raramente oe música folk. No Norte, a música coreana está moi viva e tamén, e a miúdo combinada con modernos instrumentos coma a guitarra eléctrica.
Cancions coreanas de folk son cantadas tamén coma parte dunha “p’ansori”, unha forma dramática normalmente realizada por un cantante individual. Os cantantes da P’ansori cultivan un tono grave e tosco logrado ¡berrando longos periodos en áreas apartadas!.
Entre as danzas de folk hai danzas de tambor (“mugo” –unha axitada e viva danza curta na que os participantes levan tambores ó redor do pescozo), danzas de máscaras, etc.

Comida e bebida

A cociña coreana abarca unha grande formación de pratos, ordeados de suaves a pincantes. O arroz tende a formar a base de todo tipo de comidas mais non en tódolos casos (algunhas veces as coellas e os rábanos son utilizadas). Outros pratos coma o “banchan” úsanse para engadir arrecendo e sabor. Os pratos de carne non son tan comuns coma os de vexetais, pero a carne, o peixe e os polos son ingredientes frecontes. “Kimchi” é un prato vexetal feito con coellas sazonado con pemento polverizado, sal, allo e xenxibre. “Taenjang Kuk” é unha sopa moi popular formada con semillas de fabas, tofu, e un ampla variedade de vexetais.

O Insam-ju é o vodka de Corea e e probablemente o mellor dos licores fortes do país. A cervexa de Corea é tamén popular.
Os lugares para beber chámanse “Swulchip”, que literalmente significa “casa das borracheiras”. Pero en realidade os coreanos saen cos seus amigos, compañeiros e a familia, e son afeccioados a cantar nos karaokes.

Deportes

O Taekwondo é o arte marcial moderno de Corea. O seu nome é traducido por “o arte da man e o pé”.
Tae = “Golpear ou bloquear co pé”. Tamén significa ”saltar”
K´won = “Puño”, “golpear ou bloquear coa man”
Do = “A forma de” ou “arte”.

Os obxectivos do Taekwondo:

1.- Desenrolar a apreciación do Taekwondo coma deporte e arte.
2.- Lograr axilidade física.
3.- Mellorar a disciplina mental e equilibrio emocional.
4.- Aprender habilidades de defensa propia.
5.- Desernolar un sentido de responsabilidade para un mesmo e cos outros.

Os rexistros mais tempranos das prácticas nas Artes Marciais en Corea datan de arredor do 50 despois de Cristo. As primeiras formas das artes marciais coreanas son coñecidas coma “Taek Kyon”. Probas de que as Artes Marciais foron practicadas neses tempos poden ser atopadas en tumbas onde se observan pinturas mostrando a dous homes en posición de loita.

En Corea o Taekwondo é coñecido tamén coma Subakhoe.

No deporte, nos xogos olímpicos de Atenas celebrados en Agosto de 2004 foron para Corea unha festa da paz e reconciliación. Atletas do Norte e do Sur de Corea entraron no Estadio Olímpico de Atenas xuntos durante a ceremonia de apertura dos 28 Xogos Olímpicos, o 13 de Agosto. Membros dos dous equipos marcharon unidos, liderados por o entrenador de basquet da RPDC Kim Sung-ho e o xogador de voleibol da República de Corea Ku Min-yung. Unidos baixo unha bandeira branca coa figura da península de Corea, os equipos fixeron levantar os espectadores do estadio que apraudiron a exhibición de paz e reconciliación.
Presenta na ceremonia de apertura estivo o presidente grego, o presidente do Comité Olímpico Internacional, altos oficiais de varios países e alomenos 10.000 atletas de 202 países e rexions, incluida a RPDC.

Neses xogos olímpicos, a RPDC obtivo un grande éxito xa que con tan só 21 atletas, obtivo 5 medallas. Estas foron obtidas por:
Kim Song Guk: Prata en boxeo-homes.-57 Kg.
Kye Sun Hui: Prata en Judo. Mulleres-57 Kg.
Kim Hyang Mi: Prata en tenis de mesa-Mulleres individual.
Ri Song Hui: Prata en levantamento de peso-Mulleres 58 Kg.
Kim Jong Su: Bronce en tiro: Homes, pistola 50 metros.

Mais refirindonos o futbol, o “deporte rei“ que nos e tan familiar, lembramos que en 1966 Corea do Norte foi o primeiro pais asiatico en chegar os 1 / 4 de final na copa do mundo.
En futbol feminino, Corea do Norte e un dos mellores equipos do mundo. Actualmente, a RPDC e a 8 nacion no ranking mundial na clasificacion da FIFA.
Iso mostra a importancia que se lle outorga o deporte na RPDC, coma parte do desenvolvemento integral da persoa.