ECONOMIA

O rasgo fundamental da economía norcoreana é que esta procura ser independente, algo que si se realiza amplamente na medida do posible. A independencia económica, política e militar ten coma obxectivo manter unha política propia que asegure que o país non cederá de ningún xeito ás presions do imperialismo dos EEUU e os seus cómplices.

Actualmente, a economía concede prioridade o desenrolo da industria de defensa e a industria lixeira simultáneamente coa agricultura, para defender ó pais das ameazas imperialistas por unha banda e por outra mellorar o nivel de vida da poboación.
A industria de defensa continúa producindo municions, mellorando a cualidade dos seus productos e mellorando o equipamento do Exército Popular. Debido a agresividade do imperialismo dos EEUU, o país está obrigado a adicar o 14% do seu presuposto á defensa nacional.

Adícanse tamén grandes esforzos ó desenrolo da industria minera. Vaise reforzar particularmente a producción de enerxía, de carbón, a metalúrxica e o transporte en ferrocarril. O Estado potenciou os sectores industriais que eran mais axeitados nas circunstancias dadas, empresas estratéxicas cunha grande importancia. Por exemplo, a grande factoría de máquinas-ferramentas, asolagada polas inundacions á metade dos anos 90, hoxe a súa producción sobrepasa á dos anos 80. Para diminuir o problema de electricidade, debido a que as antigas fábricas de electricidade resultaran tamén moi afectada polas catástrofes naturais, o Goberno decidiu construir centrais hidráulicas pequenas e medianas, polo grande número de ríos e lagos de montaña. Nos últimos cinco anos construironse 3.000, polo que este tratamento do problema enerxético levouse adiante con enerxías renovables.

Na agricultura, Corea do Norte é moi montañosa, ó contrario que o Sur; Somentes o 16% da terra é cultivable, mais o país esforzouse por atopar novas terras. Nos últimos 4 anos a RPDC gañou algunhas decenas de miles de hectáreas. Tamén se procura extender a superficie das terras que permiten obter dúas colleitas por ano.

Na RPDC fixéronse grandes obras de enxeñiería, coma a esclusa marítima do Oeste en Pyongyang, construida enteiramente por enxeñeiros coreanos e polo Exército Popular entre 1981 e 1986, para impedir ó auga asolagar as chairas e o mesmo tempo posibilitar o rego de tódala rexión. A metade dos anos 70 todo o país estaba electrificado e incluso as rexions mais ailladas dispoñían de auga corrente. Dez anos mais tarde, en todas partes podíase dispor de televisión e teléfono.

A RPDC lanzou en 1998 o satélite Kwangmyongsong, que móvese nunha órbita oval a 218.8 Km na distancia mais preto á terra e a 6,978.2 á mais lonxana. O seu periodo é de 165 minutos e 6 segundos. Contribúe a promover investigación científica con fins pacíficos. Para lanzar un satélite requírese tres fases de misís, e o lanzador e o satélite que os científicos e técnicos norcoreanos puxeron en órbita é resultado ó 100% dos coñecementos e da tecnoloxía do país.


O lanzamento deste satélite ( efectuado en 1998, no medio da crise ), mostra que a economía da RPDC está lonxe do “colapso”. As causas da difícil situación que se viviu no país na segunda metade da década dos noventa veñen por varios factores: Un, pola caída do campo socialista, que eran cos que Corea mantiña prácticamente tódalas súas relacions comerciais. Aínda que Corea nunca estivo no COMECON, dependía dos países socialistas para as súas importacions de gas, petróleo, maquinaria, tecnoloxía e alimentos que ,aínda, non podía producir polos seus medios. Este intercambio funcionaba coa base de intercambio de productos e materias primas, e non coa base de compras e pagos. Trala contrarrevolución na URSS e nos países do Leste, Corea debeu mirar o mercado capitalista mundial, no que precisaba divisas extranxeiras das que carecía.

Por outro lado, agudizouse o bloqueo imperialista. Ameazase a calqueira empresa que queira facer tratos con Corea. Fai anos, o goberno norcoreano firmou un gran contrato con unha empresa de mantenemento de fábricas, a firma suíza Brown Boveri. Os americanos obrigaron a BB a rescindir o contrato baixo ameaza de non poder comerciar mais nos EEUU.


Moitos países da Unión Europea comezaron a recoñecer a Corea do Norte oficialmente a finais dos anos 90, pero iso non quere dicir un trato correcto. Coa finalidade de adquirir divisas fundamentais, Corea ofrece, por exemplo, facilidades para a confección de roupa alomenos tan boas coma outros países asiáticos, pero a Unión Europea non acorda mais que cuotas moi limitadas.

Por outra banda, as catástrofes naturais que viviu o país fixeron moito dano. No 1994, un maremoto de gran forza, e grandes inundacions, afectaron grandemente á zona oriental, o centro das mais importantes industrias coreanas. Instalacions enteiras foron destruidas, e as infraestructuras ( ferrocarrís, pontes, canais e redes eléctricas ) deterioráronse gravemente. Os periodos de sequías e inundacions sucedéronse posteriormente. Iso trouxo que unha parte da poboación coreana sofrira a fame e a desnutrición. Non foi sinxelo facer fronte a esta crise coa falla de enerxía, de transporte, maquinaria, ferramentas e materiais para a reconstrucción das factorías e infraestructuras devastadas, pero o pobo norcoreano, consciente das causas das penurias, percorreu ese “segundo duro camiño” ( o primeiro foi trala destrucción da guerra de 1950-53 ) e hoxe o stock de alimentos xa está restaurado, e trabállase por restaurar o de medicamentos. Este “segundo duro camiño” é sen dúbida unha dura proba: O transplante de arroz faise manualmente, nun traballo pesado e fatigoso, que antes de caída de URSS facíase coa axuda de maquinaria. Por falla de enerxía (electricidade, petróleo...) todo debe facerse hoxe novamente a man.

A falla de enerxía no país está relacionada tamén co incumprimento por parte dos EEUU do Acordo de Xinebra de 1994. Neste acordo, EEUU comprometíase a suministrar a RPDC dous reactores nucleares de auga lixeira, cunha capacidade de un millón de Kw cada un, para o ano 2003, o cambio do peche dos antiguos reactores nucleares coreanos, mentres que cada ano debíalle suministrar 500.000 toneladas de petróleo, ata que estivera rematada a construcción dos reactores. A RPDC conxelou a súas instalacions nucleares, mais EEUU non fixo ningún progreso na instalación de novos reactores, desentendeuse completamente das súas obrigacions mais esixían constantemente “inspeccions”. Retrasaron a apricación do acordo, así como o abastecemento de petróleo para compensar as crises enexéticas debidas ó paro da central nuclear. EEUU é deste xeito o responsable da penuria enexética do país, aínda que en Occidente non se dubida en distorsionar e manipular os feitos coa finalidade de culpar ó socialismo deste problema. Deste xeito, a RPDC vese na obriga de por en uso os seus antigos reactores nucleares, aínda que EEUU acusa a Corea de ser unha “ameaza”. Isto é unha ironía tendo en conta que EEUU dispón alomenos de 20.000 cabezas nucleares, das cales mais de mil están en Corea do Sur.