GUERRA DE COREA
Reproducimos aquí un apartado a salientar da historia coreana pola súa transcendental importancia, non só á hora de explicar a situación actual que vive o país senón tamén para salientar en que consistiu esta guerra silenciada, distorsionada e manipulada interesadamente polos EEUU, responsables da división en dous da nación coreana.
Liberación da ocupación xaponesa.
O 15 de Agosto de 1945, Corea foi liberada do imperio xaponés. O Exército Popular Revolucionario de Corea, fundado por Kim Il Sung en 1932, loitando xunto co Exército soviético, destruirion todas as bases de dirección do inimigo e por fin, Corea deixaba atrás 35 anos de colonialismo xaponés. En todas as rexions do país se crearon Comités Populares. O 6 de Setembro de 1945, en Seúl os representantes destos comités deciden fundar a República Popular de Corea.
Tres semanas despois da liberación, as tropas americanas desembarcan ó Sur da península. O xeneral John R. Hodge decreta a fundación dun goberno militar americano ó Sur do paralelo 38º e se rodea de ancians colaboradores dos xaponeses. Os Comités Populares son disoltos e o inglés convertese en lingua oficial. O goberno militar norteamericano apodérase de todos os terreos posuídos polos xaponeses e convírtese no maior propietario en Corea do Sur. EEUU transforma asemade o país nunha base militar estratéxica.O descontamento vai crecendo entre o pobo. Os ferroviarios entran en folga en 1946, con 36.000 traballadores. Despois a folga pasa a ser xeral e chega a preto de 330.000 obreiros. Os americanos decretan a Lei Marcial e instauran as “aldeas estratéxicas”, onde agrupan á poboación para poder controlala mellor. Nalgunhas rexions estallan insurreccions armadas. En 1948, dous reximentos do exército surcoreano amotínanse e a poboación da cidade de Josu declara a súa lealtade á República Popular Democrática de Corea. Os americanos decretan unha terrible represión contra os insurxentes. Por exemplo, a comezos do ano 1948, o poder na Illa de Cheju, xunto a costa Sur do país, era exercido por un poderoso Comité Popular de esquerda. Debido a que o goberno militar dos EEUU era a única autoridade legal ó Sur do paralelo 38º, unha revolta en Maio de 1948, na que os insurxentes eliminan a 35 policías e individuos de extrema dereita, desencadena unha terrible represión: Segundo declarou o gobernador da illa ós servizos secretos americanos, 60.000 dos habitantes da illa foron asasinados e 40.000 fuxiron a Xapón. De 400 vilas, só 170 subsisten. O xeneral da Brigada norteamercana Roberts, declarou “hai que rematar cos bandidos roxos ó estilo estadounidense”. Por suposto que isto é algo totalmente silenciado, e ata día de hoxe o goberno surcoreano prohibiu e reprimiu todo acto de homenaxe ás víctimas.
Os imperialistas ianquis, dende o primeiro día de ocupación de Corea do Sur, comezaron a preparar a guerra coa misión de destruir o poder democrático popular na parte Norte. Debido tamén á seria crise económica dos EEUU comezada en 1948, valéronse da guerra de Corea para evadir os problemas. Aínda que no acordo de Moscova de Decembro de 1945, foi acordado polo Reino Unido, EEUU e a URSS que trala súa liberación do dominio xaponés, Corea sería un estado unificado, independente e democrático, o goberno dos EEUU tomou vantaxe da ocupación militar provisional para establecer un goberno no Sur súbdito dos dictados de Washington. Ademais de armamento e asesores militares, EEUU, a pesares da súa crise económica, invertiu 1.225 millons de dólares en Corea do Sur. O National City Bank comprou as accións da New Korea Company, antigamente posuída por un trust xaponés. A New Korea Company reclamou a mitade das minas, ferrocarrís, bancos e terra cultivable de Corea do Norte. A Oriental Consolidated Mining Company, tamén anteriormente xaponesa pero agora en mans americanas, reclamou a propiedade das minas de ouro de Unsan, tamén en Corea do Norte e dixo ser a mais rica de Asia.
EEUU provoca a Guerra de Corea
Os EEUU comezaron por proporcionar armamento ó goberno títere de Corea do Sur. En 1949, os imperialistas ianquis proporcionaron mais de 105.000 rifles, mais de 2.000 ametralladoras, mais de 50 millons de balas, cañons, 5.000 camions para uso militar, 79 barcos de guerra, 20 cazas, etc... ó exército títere de Corea do Sur.
No 1949 ós EEUU finalizaron a preparación do plan de agresión á parte Norte do país, e forzou ós soldados de Corea do Sur a facer continuos ataques ó longo do paralelo 38º. Somentes en 1949 a parte Norte tivo que defenderse de 2.617 ataques.
En Xaneiro de 1950, os EEUU e o goberno títere de Corea do Sur asinaron o “Mutual Defence and Help Treaty South Korea-US”, no que os EEUU tomaban todo o poder e o control das tropas de Corea do Sur e as utilizaban para servir o imperialismo norteamericano.
Á orde do Presidente dos EEUU Truman, Johnson (Secretario de
Defensa), Bradley (Xefe de Persoal), e Dulles (Conselleiro da Secretaría
de Estado e enviado especial), tiveron unha xuntanza secreta con MacArthur.
Nela discutiron sobre o “Korean Problem” e o “Taiwan Problem”,
aínda que oficialmente declararon falar sobre o “North America-Japan
Peace Treaty”.
Cando Dulles chegou a Seúl, inspecionou as zonas do paralelo 38º
e o 18 de Xuño de 1950 ordeou a Syngman Rhee (o Presidente de Corea do
Sur baixo as ordes de Norteamérica), a preparar a “invasión
ó Norte” nunha semana. Dulles insistiu a Syngman a facer propaganda
para facer crer ó pobo de que Corea do Norte comezara invadindo o Sur,
para que os EEUU puideran comezar a guerra baixo a bandeira pirateada das Nacions
Unidas. O 19 de Xuño, Dulles afirmou que “os comunistas perderán
o seu control de Corea do Norte”. Deste xeito, o 25 de Xuño de
1950, os americanos comezaron a guerra de invasión a Corea do Norte controlando
a Syngman Rhee e os soldados surcoreanos.
Syngman Rhee estivera 30 anos nos EEUU e foi devolto a Corea do Sur para dirixir o goberno títere establecido polos americanos. Aboliu a prensa e liquidou a oposición política con brutal violencia. Nunha entrevista con United Press, o 7 de Octubro de 1949, Syngman Rhee declarou que o exército surcoreano podería tomar a capital do Norte Pyongyang en 3 días. O 1 de Novembro, o New York Herald Tribune afirmou que Syn Sung Mo, o Ministro de Guerra de Corea do Sur, declarara que o seu exército estaba preparado e listo para invadir Corea do Norte.
Nunha conferecia cos seus comandantes subalternos en Seúl en
Octubro de 1949 o Xeneral Roberts, Xefe da Misión Militar Americana en
Corea, dixo:
“Certamente houbo moitos ataques no territorio ó Norte do paralelo
38º baixo as miñas ordes, e haberá moitos outros nos días
que veñen... de agora en adiante, a invasión polas forzas de terra
no territorio ó Norte do paralelo 38º levarase a cabo só
baixo a base das miñas ordes na misión militar americana.”
Esta cita en “Thus Wars Are Made” por Albert Norden, tamén
nos di que 3 meses mais tarde, en Xaneiro de 1950, o Xeneral Roberts anunciou
“a campaña contra o Norte foi decidida antes, e a data de levala
a cabo no está moi lonxe”. Documentos do Gobernos de Syngman Rhee,
capturados pola posterior ocupación de Seúl tralo contrataque
do Exército Popular de Corea e publicados polo goberno de Corea do Norte,
confirman a preparación sistemática da invasión ó
Norte.
Kim I Sek e outros lideres de Corea do Sur foron capturados ó
pouco de comezar a guerra. Eles aportaron valiosa información. Varios
documentos tamén capturados mostran claramente que os surcoreanos, apoiados
polos americanos, foran os agresores. Segundo Kim I Sek, as instruccions finais
dadas de Syngman Rhee por Dulles foron as seguintes:
“Comenzar a agresión contra ó Norte, xunto con contrapropaganda
de que o Norte invadiu o Sur primeiro. Si vostede pode resistir por dúas
semanas, todo será sinxelo, e durante este periodo os EEUU, acusando
a Corea do Norte de atacar Corea do Sur, obrigará as Nacions Unidas a
entrar en acción, e no seu nome forzas de terra, navais e de aire serían
mobilizadas”.
O 14 de Marzo de 1950 un corresponsal do New York Times chamado Sullivan informou desde Seúl que 13 diputados da Asamblea Nacional de Corea do Sur foran sentenciados a prisión por periodos entre ano e medio e dez anos por violacions do Security Act. Cada un era culpable de cinco cargos, e o cuarto era “oposición a invasión de Corea do Norte polas forzas de Corea do Sur.”
Nas eleccions en Corea do Sur o 30 de Maio de 1950 Syngman Rhee sofriu unha severa derrota e os seus apoios na nova Asamblea Nacional reducíronse a menos da cuarta parte dos asentos. Para manterse no poder decidiu que só unha guerra victoriosa podería elevar o seu prestixio o suficente para salvar o posto.
A invasión comezou na madrugada do 25 de Xuño. A reacción das Nacions Unidas non se correspondeu coa realidade dos feitos. No seu libro “New Light on Korea” D.N Pritt escreveu: “Dentro das 8 primeiras horas de que as novas de hostilidades chegaran a Washington, o Consello de Seguridade foi convocado... despertaron os seus membros do seu sono ás 3 a.m e doce horas despois, na ausencia do representante soviético, e sen nengún representante da China (o candidato do derrotado bandido Chiang Kaishek aínda sentado na cadeira da China), fixeron o que parecía unha resolución do Consello de Seguridade”. Dacordo coa Carta das Nacions Unidas, os 5 membros permanentes do Consello de Seguridade tiñan que coincidir antes de que calqueira resolución puidera ser considerada coma válida. O representante da URSS, obxectando en principio contra representación da China por un candidato dun goberno que deixara de existir, non asistiu. A resolución era, polo tanto, totalmente nula. Nembargantes condenou “a invasión da República de Corea por forzas armadas de Corea do Norte” e recomendou os seus membros a dar axuda militar a Corea do Sur.
Na súa toma de decisión o Consello de Seguridade non solicitou nin ó goberno norcoreano a dar a súa versión sobre o comezo das hostilidades nin tomou en consideración a súa declaración de que os surcoreanos eran os agresores. No 2 de Xuño, o Observador alardeou: “O Consello de Seguridade, na noite anterior, transformouse na autoridade executiva da opinión do mundo non-comunista”, engadindo que “de súpeto comezou traballar como se desexou que traballara”. No mesmo día, o West Berlin Telegraf contou ós seus lectores que Corea do Sur, que era nomeada coma “ o último rincón de liberdade democrática no continente chinés” fora sometido ó “cobarde ataque do comunismo”. Curiosamente MacArthur foi nomeado “Comandante das tropas das Nacions Unidas” e dirixiu soldados de varias nacions para defender os intereses norteamericanos en Corea.
Nunha declaración do goberno soviético o 4 de Xullo, Gromyko acusou ó Consello de Seguridade de “actuar non coma un organismo coa responsabilidade do mantenemento da paz, senón coma un instrumento utilizado polos EEUU co obxectivo de provocar a guerra”. Ó contrario dos EEUU, que o seu presidente xa ameazaba con ocupar Formosa e a nominalmente independente Filipinas, así coma tamén a enviar unha misión militar a Indochina e a chamar por unha cruzada contra todo país socialista no mundo, a URSS mantivo a calma.
O desenrolo da Guera de Corea (1950-1953)
Dentro dos tres primeiros días da guerra, o Exército Popular de Corea fixo retroceder os invasores surcoreanos e en tan só 3 días liberou Seúl, golpeando e destruindo a moral das tropas dos EEUU. Mais os americanos preveran esta posibilidade de mobilizaron un tercio da súas forzas de terra, un quinto das súas forzas aéreas, a maioría das súas forzas navais do Pacífico e un total de 2 millons de forzas incluíndo 15 países satélites. Isto era, por suposto, unha violación de tódolos acordos internacionais. No 26 e 27 de Xuño, as forzas de EEUU bombardearon as cidades e aldeas de Corea do Norte, portos e desembarcaron transportes baixo a protección da Flota do Pacífico e a Séptima Flota, botada nas augas territoriais de Corea do Norte. Mais ó contrario do que se podía esperar, a Guerra de Corea rematou coa derrota dos EEUU. O mito da “invencibilidade” norteamericana foi destruida por primeira vez. O 5 de Xullo, a radio Federal de Alemaña anunciou que os americanos “recolleran as tropas surcoreanas, que retirábanse con pánico, e os devolveron a súa posición”. Isto foi tres días antes de que os EEUU, con perdas oficiais de 25.000 mortos e 100.000 feridos, veronse forzados a firmar un armisticio.
A victoria na guerra de liberación da patria foi resultado do talento na estratexia militar, as tácticas e o brillante liderato do Grande Lider Kim Il Sung, o comandante que liderara a loita do pobo coreano contra o imperialismo xaponés primeiro, e contra o norteamericano despois. Baixo as verbas do líder “¡todo pola victoria na guerra!” todos os traballadores do país preparáronse para a guerra e o pobo ardía en desexos de defender a liberdade e a independencia da patria e aniquilar ó imperio dos EEUU. Os soldados do Exército Popular de Corea avanzaron ó Sur aniquilando ós inimigos. Especialmente na “operación da liberación de Dejon” as tropas lideradas por Kim Il Sung obtiveron unha brillante victoria que destrozou totalmente a division 24 do U.S Army, que unha vez foi chamada “a división invencible”. Nun mes e medio tralo contrataque, o 90% da nación coreana foi liberada e un 92% do pobo. Os norteamericanos mobilizaron grande cantidade de forzas que lles permitiron recuperar terreo sembrando un terror sen límites ó seu paso, executando e quemando vivos a centos de patriotas e habitantes inocentes. Durante a a súa temporal ocupación da parte Norte do país, só na provicia de Juangje asasinaron mais de 120.000 persoas inocentes, e no districto de Sinchon mataron mais de 35.000 persoas, que representaban mais da cuarta parte da poboación. Mais loitando xunto co voluntarios do Exército de Liberación do Pobo da RP China, o Exército Popular de Corea liberou toda a zona Norte e partes da zona Sur en Decembro de 1950, no que os EEUU veronse na necesidade de firmar un armisticio, o que non lles salvou da súa derrota na guerra. Os imperialistas ianquis demostraron a cruel natureza da súa guerra, usando incluso bombas químicas e bacteriolóxicas violando os tratados de guerra internacionais. Mais non puideron coa vontade do pobo coreano de destruir os agresores.
Á metade de Xuño de 1951, a guerra de Corea foi principalmente retida no paralelo 38º. Seguindo as ordes do Grande Líder Presidente Kim Il Sung, as unidades do EPC fortaleceron a súa posición ó longo do paralelo 38º, e derrotaron ó inimigo en continuos ataques. Os EEUU propuxeron en Xuño de 1951 negociacions para un armisticio. As negociacions comezaron en Xullo de 1951, e os EEUU tentaban de ocupar toda Corea usando todas as artimañas diplomáticas ameazando de que si Corea do Norte non aceptaba as ofertas de EEUU, atacarían de novo. Comezaron as “Campañas de verán e outono” na zona oriental da liña do fronte dende agosto de 1951. Comezaron un ataque con 130.000 soldados, mais de 1.000 fighters e lanzando todos os días miles de bombas e misiles sobre as posicions do EPC. Alí chegaron a lanzar unha media de 35.000 bombas por día, usando todo o seu equipamento técnico no combate. Mais incluso na mais difícil situación, o EPC protexeron a patria coas súas vidas e a “campaña de verán e outono” dos EEUU foron un completo fracaso. A finais de 1952 o fanático de guerra Eisenhower, presidente dos EEUU comezou unha “nova ofensiva” cun grande número de tropas e confiando na superioridade en número e armamento dos soldados, pero esta ofensiva rematou cunha nova humillación e coa derrota da aguia imperial dos EEUU.
O pobo dos EEUU e o de Corea pagaron a guerra coas súas vidas mais o complexo militar-industrial dos EEUU alcanzou beneficios en dólares.