CUESTION NUCLEAR
O Goberno da República Popular Democrática de Corea (RPDC) difundiu unha declaración o 10 de Xaneiro do 2002 sobre a súa retirada do Tratado de Non Proliferación Nuclear (TNP), que é coma segue:
Unha situación perigosa na que a nosa soberanía nacional e nosa
seguridade de Estado estanse a violar seriamente esta a prevalecer na península
coreana debido a política hostil de Estados Unidos cara a RPDC.
Os Estados Unidos instigaron a Axencia Internacional de Enerxía Atómica
(a AIEA) para adoptar outra resolución contra a RPDC o 6 de Xaneiro,
na estela dunha resolución similar feita o 29 de Novembro de 2001.
Baixo a súa manipulación, a AIEA (Axencia Internacional da Enerxía
Atómica) nalgunhas resolucions chamou “criminal” á
RPDC e esixiu o desmantelamento inmediato do que Estados Unidos chamou un “programa
nuclear” mostrando a súa indiferencia da natureza do tema, cando
en verdade este problema é un producto da política hostil de Estados
Unidos cara a RPDC, e do seu estado especial no cal declarou unha moratoria
do seu retiro do tratado nuclear de non proliferación.
Despois da adopción da última resolución, o director xeral
da AIEA publicou un ultimatum no que a axencia levaría este asunto o
consello de seguridade da ONU para aplicar sancions contra a RPDC a menos que
executara unha resolución nunhas semanas. Isto proba claramente que a
AIEA aínda segue sendo manipulada e utilizada coma portavoz dos Estados
Unidos, e o TNP (Tratado de Non Proliferación Nuclear) converteuse nunha
ferramenta para executar a política hostil de Estados Unidos contra o
Estado da RPDC para desarmalo e destruir o seu sistema pola forza.
Unha mención particular débese facer no feito de que a AIEA na
recente resolución non fixo ningunha mención sobre os Estados
Unidos, que non só violaron reiteradamente o TNP e o convenio marco RPDC-EEUU,
senón que impulsaron á RPDC, a víctima, a aceptar de forma
incondicional as demandas unilaterais que Estados Unidos esixe para desarmar
e destruir o seu dereito á autodefensa. Ademais a axencia foi eloxiada
polos Estados Unidos por dicir exactamente todo o que eles desexaban facer.
Isto claramente revela a falsedade e hipocrisía do corpo dirixente da
AIEA que descubriu a súa falta de imparcialidade. O goberno da RPDC rexeita
e denuncia de forma vehemente esta resolución da AIEA, xa que supón
unha usurpación grave sobre a soberanía e dignidade da nación.
Non son outros factores, senón os propios ESTADOS UNIDOS os que arruinan
a paz e seguridade na península coreana e conduce esta situación
a unha fase extremadamente perigosa.
Despois do ascenso da administración Bush, os Estados Unidos enumeraron
á RPDC coma parte do “eixo do mal”, adoptando coma prioridade
nacional o opoñerse ó seu sistema, e seleccionándoa coma
branco dun ataque nuclear preventivo, declarando abertamente deste xeito unha
guerra nuclear.
Sistemáticamente violando o convenio marco RPDC-EEUU, os EEUU crearon
outra suspicacia nuclear e detiveron o suministro de aceite pesado, reducindo
o Acordo Marco a un documento morto. Trala oferta sincera da RPDC para o asinamento
dun tratado de non agresión e dos seus esforzos pacentes para a negociación,
os EEUU responderon con ameazas tales coma o “bloqueo” e “castigo
militar”, cunha actitude prepotente e arrogante dicindo que “poden
falar” mais que “a negociación é imposible”.
Os Estados Unidos foron moi lonxe para instigar á AIEA co fin de internacionalizar
os seus movementos de asfixiar á RPDC, poñendo a súa declaración
de guerra en práctica. Isto eliminou as posibilidades previas de solucionar
o tema nuclear da península coreana dunha maneira pacífica e xusta.
Foi debido a tales moventos nucleares de guerra que os ESTADOS UNIDOS contra
a RPDC e a parcialidade da AIEA, que a RPDC xa estivo obrigada a declarar o
seu retiro do TNP en 1993 fronte a esa situación crítica.
Está claro, que mentres de novo os EEUU tentan asfixiar á RPDC
de calqueira forma e a AIEA e utilizada coma ferramenta para executar a política
hostil de Estados Unidos cara ó país, non podemos seguir mais
tempo dentro do TNP, expoñendo a seguridade e dignidade da nosa nación.
Baixo esta grave situación, onde os intereses supremos do Estado están
ameazados seriamente, o goberno da RPDC adopta as seguintes decisions para protexer
a soberanía do país e a nación así coma o seu dereito
á existencia e á dignidade:
Primeiro:
O goberno da RPDC declara un automático e inmediato retiro do TNP no
que xa anunciou unilateralmente unha moratoria tan extensa coma fora precisa
dacordo ó 11 de Xullo de 1993, nunha declaración conxunta RPDC-EEUU.
Isto é debido a que os EEUU abandoaron unilateralmente as súas
promesas de non exercer ameazas nucleares e renunciar ás súas
hostilidades contra o noso país.
Segundo:
Declaramos que o retiro do TNP líbranos da forza obrigatoria das salvaguardas
acordadas coa AIEA baixo o seu artigo 3.
O retiro do TNP é unha medida lexítima de autodefensa contra os
movementos dos EEUU para asfixiar á RPDC e o irracional comportamento
da AIEA que segue as súas pautas.
Aínda que nos retiramos do TNP; non temos intención
de producir armas nucleares, e as nosas actividades nucleares nese punto, serán
destinadas con propósitos pacíficos coma producción de
electricidade.
Se os EEUU abandoan a súa política de hostilidade para asfixiar
á RPDC así coma a súa ameaza nuclear contra o noso país,
a RPDC pode mostrar mediante un proceso de verificación separado entre
a RPDC e os EEUU que non está a construir ningunha arma nuclear.
Os Estados Unidos e a AIEA nunca poderán evadir a súa responsabilidade
de obrigar á RPDC a retirarse do TNP, demostrándose ámbolos
organismos indiferentes de incluso nosos derradeiros esforzos de buscar unha
solución pacífica e negociada do asunto nuclear.
“Bush é a maior ameaza á paz mundial
Corea do Norte enfréntase á condea de Occidente pola súa saída do Tratado de Non Proliferación Nuclear (TNP), despois de que EEUU renunciara ás súas obrigas baixo o Acordo Marco de 1994. Aínda mais, o Presidente George W. Bush continuamente desafiou á opinión mundial rexeitando un número de tratados designados para asegurar a seguridade global e a protección do medio ambente. Dende 2001, os EEUU saíron do Tratado Anti-Balístico de Misís, a Convención de Armas Biolóxicas e o proceso de reducción de armas estratéxicas con Rusia. Tamén rexeita asinar o Acordo de Kyoto, que estabrece límites as emisións de carbono, ó temer afectar á rendabilidade das súas poderosas transnacionais.