REUNIFICACION E PAZ

Corea, nación de 70 millons de habitantes, segue a estar dividida polo afán dos EEUU de controlar o Pacífico. A estratexia de Bush de demonizar e incluir no seu “eixo do mal” a parte Norte do país, só procura xustificar unha invasión, continuar co seu colonialismo sobre Corea e impedir unha reunificación pacífica; De reunificarse Corea e de retirarse as tropas norteamericanas, xurdiría un novo centro de poder no Extremo Oriente que, xunto co desenrolo do Xapón e o rápido crecemento económico da China, rivalizaría coa hexemonía mundial de Washington.
A reunificación foi durante largo tempo un tema tabú en Corea do Sur. Os que se atrevían a reivindicar mellores relacions co Norte eran metidos en prisión baixo a “Lei de Seguridade Nacional”. Mais a día de hoxe, a pesares da hostilidade dos EEUU, as relacions entre ambalas dúas partes do país fortalecéronse.
A cumbre do 15 de Xuño do 2.000 despertou unha grande expectación a un lado e a outro da liña de demarcación. Era a primeira vez que se festexaba un encontro desas características, sen intervención extranxeira. As familias separadas dende mais de 50 anos ían por fin poder reunirse. O texto da cumbre é o que segue:

DECLARACIÓN CONXUNTA DO 15 DE XUÑO

“Dacordo co nobre propósito de paz e reunificación dos cidadans do país, o Xefe da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea, Kim Jong Il, e o presidente da República de Corea, Kim Dae Jung, mantiveron un histórico encontro en Pyongyang, do 13 ó 15 de Xuño do 2.000.
Os gobernos do Sur e o Norte, considerando o recente encontro, -o primeiro dese tipo na historia da división-; é evento de suficente importancia na promoción do entendemento mutuo, no desenrolo das relacions intercoreanas e na búsqueda da reunificación pacífica, declaran o que segue:

1.- O Sur e o Norte acordan resolver dende a independencia a cuestión da reunificación do país, co esforzo da nación coreana, responsable neste proceso.

2.-O Sur e o Norte, recoñecendo que a proposta federalista de corto alcance avanzada dende o Norte e a confederación feita polo Sur teñen elementos en común, acordan avanzar por esa liña para a reunificación.

3.-O Sur e o Norte acordan asentar liñas de acción humanitarias, que inclúen o intercambio de visitas de familias, así coma a revisión da condeas a presos de longa duración co motivo da festividade do 15 de agosto deste ano (*).

4.- O Sur e o Norte acordan promover o desenrolo equilibrado da economía nacional mediante a apertura de liñas de cooperación e da construcción dunha confianza mutua mediante a activación de actividades conxuntas en todos os eidos social, cultural, deportiva, saúde pública, medio ambente e demais.

5.- O Sur e o Norte acordan manter o diálogo entre as súas autoridades tan cedo como sexa posible co fin de implementar nun futuro próximo os puntos do acordo citados anteriormente.

15 de Xuño, 2.000.

Kim Jong Il
Xefe da Comisión Nacional de Defensa da RPDC.

Kim Dae Jung
Presidente da República de Corea”

*.- O 15 de Agosto festexa a liberación do país da ocupación xaponesa.

En Washington, o primeiro xesto foi aplaudir a reconciliación, tentando ocultar a súa responsabilidade na división do país. Mais EEUU segue nervoso con este acercamento Norte-Sur, xa que está fora do seu control. Ista foi unha das razons, entre outras, pola que a Secretaria de Estado do momento, Madeleine Albright visitou Pyongyang e Seúl. Pero a subida de Bush ó poder en 2001 afectou moito as cada vez mellores relacions Norte-Sur. Coa súa política belicista, incluiu ó Norte no seu “eixo do mal”e incluso ameaza cun ataque nuclear contra Corea do Norte.
A poboación suroreana reaccionou con indignación ante a política de Bush, e cando éste visitou Seúl en febreiro do 2002, decenas de miles de manifestantes berraron “Bush é o eixo do mal”, “non a Bush, non á guerra”, “Bush é un louco da guerra e un hooligan internacional”.
Despois do 11-S a situación non mellorou nada. Mais o pobo surcoreano continuou mostrando a súa oposición á esa presenza militar e a denunciar o seu rexeitamento á política norteamericana contra o acercamento Norte-Sur.
Dende a división do país, a parte Norte avanzou centos de propostas concretas de diálogo e de reunificación ó goberno surcoreano. Nembargantes, fixo falla medio século para que un presidente surcoreano visitara Pyongyang.
A RPDC xamáis pretendeu ocupar a zona Sur pola forza, e nunca os líderes do país falaron de “invasión do Sur”. Tódolo contrario, nas escolas e centros de ensino sempre se considerou ós surcoreanos coma irmans e o goberno buscou a reconciliación nacional baseada no respecto mutuo.
Un precedente significativo remóntase a abril de 1948, cando o Grande Líder Kim Il Sung, convocou a histórica Conferencia Conxunta dos Representantes dos Partidos Políticos e das Organizacions Sociais do Norte e Sur de Corea co fin de evitar a división nacional que procedía das forzas servas ás grandes potencias. Nela participaron os delegados de case tódolos partidos políticos e organizacions sociais, coa excepción do Partido que dependía directamente de Syngman Rhee. Asistiu incluso Kim Gu, líder do “Partido pola Independencia de Janguk” que cando presidía o “goberno provisional de Shanghai” consideraba ós comunistas coma inimigos.
Avanzando no tempo, o 15 de Agosto de 1990 efectuouse a Conferencia Pannacional, seguido do concerto pannacional pola reunificación, a competición de fútbol Norte-Sur pola reunificación e o festival artístico, e no 1991 ambalas dúas partes participaron conxuntamente, con equipos únicos, no Campeonato mundial de tenis de mesa e no Campeonato mundial de fútbol de xóvenes.
Isto é tan só unha mostra dos múltiples intentos por solucionar a división.
O Presidente da Comnisión Nacional de defensa, Comandante Supremo do Exército Popular de Corea e Secretario Xeral do Partido do Traballo de Corea, Kim Jong Il definiu as seguintes estratexias coma a base onde debe fundarse a reunificación coa parte Sur do país. Recollendo os escritos e ensinanzas do Grande Líder Kim Il Sung, traza os rasgos fundamentais nos que a RPDC considera que debe levarse a cabo a reunificación, coma segue:

“Os tres principios da Reunificación da Patria:
Independencia, Reunificación Pacífica e Grande Unidade Nacional.”

O estabrecemento da República Confederal Democrática de Koryo”

Dada a lonxanía do país e a tendenza a monopolización da información por certos medios afins a Washington, descoñecese cal é a posición oficial e real da RPDC ante a reunificación, polo que se seleccioaron palabras do Presidente Kim Jong Il, que serven coma resumo:

“Non admitiremos ningún intento de realzar a ambición agresiva e dominadora intervindo no problema de reunificación da nosa patria.”

“Para lograr a grande unidade nacional fai falla manter o principio de dar prioridade ós intereses comuns da nación, deixando a un lado as diferenzas ideolóxicas, ideais e reximes, e, sobre esa base, unirse. A obra da reunificación da Patria non é unha tarefa dirixida a resolver as contradiccions clasistas internas da nación ou o enfrentamento entre os reximes, senón unha causa nacional encamiñada a restabrecer a soberanía nacional en todo o territorio.”

“Todos os que aman a súa Patria e nación e preocúpanse polo seu destino, sen que importe que residan no Norte, no Sur ou no extranxeiro, deberán unirse sólidamente baixo a bandeira da reunificación da Patria por riba de diferencias ideolóxicas, ideais, crenzas relixiosas, criterios políticos, clases e capas sociais.”

“Respectaremos as ideoloxías, ideais e crenzas relixiosas de tódolos partidos, as agrupacions e as persoas, que guiandose polo patriotismo súmanse á causa da reunificación e nos aliaremos con eles, cumprindo así o noso deber e obriga coma nación.”

“Reunificar a Patria cumprindo o subrime propósito do estimado camarada Kim Il Sung constitúe a obriga e o deber moral revolucionario do noso Partido e pobo, e a sagrada tarefa nacional da nosa xeración.”

“A cuestión da reintegración do noso país consiste, en por fin á dominación e intervención das forzas foráneas no Sur de Corea, restabrecer a soberanía nacional a escala en todo o país, e ligando a arteria rota da nación, realizar a súa unidade coma unha soa.”

“A separación do territorio e o pobo, que perdura por mais de medio século, impide o desenrolo unificado da nosa nación dunha longa historia de cinco milenios e lle causa incontables infortunios e sofrementos. Se a nosa xeración non logra reunificar a Patria, tamén as vindeiras sofrerán a traxedia da división nacional, desaparecerá incluso a comunidade nacional entre o Norte e o Sur, e probablemente, a nación quedará dividida en dous para sempre. É unha intolerable vergoña nacional que a soberanía da nosa nación, que considera a súa dignidade e honra coma a vida, véase violada por forzas extranxeiras cando desapareceu o sistema colonial imperialista e tódolos países e nacions que antes estaban oprimidas avanzas polo camiño da soberanía e independencia”.

E por último, tomando a letra dunha célebre canción coreana : Confiemos que o futuro sexa favorable e cree unha ponte en forma de arco da vella que una para sempre Seúl con Pyongyang.