A RPDC NUNHA OLLADA
Preguntas e respostas sobre a RPDC:
|
Esta información pretende desmentir dun xeito rápido as principais
calumnias que se verten contra Corea do Norte dende os medios do gran capital,
xa veñan dende periodistas da axencia EFE ou de Reuters que nunca visitaron
Pyongyang, ou de pretendidas ONG ou organizacións de dereitos humanos
financiadas por gobernos e fundacions dereitistas. |
|
¿ Esta a RPDC próxima ó colapso?
Trala caída
da URSS e dos seus principais socios comerciais, que comerciaban co país
a prezos amigables, a RPDC veuse na obriga de facer as importacions utilizando
coma divisa o dólar e a adaptarse á inestabilidade do mercado
mundial. As sucesivas inundacións e sequías que afectaron o país
a partir da segunda mitade da década dos noventa, xunto co bloqueo dos
EEUU, provocaron unha situación moi difícil da cal o país
recupérase agora de forma rápida. Segundo o informe do Primeiro
ministro Pak Pong Ju sobre o desenvolvemento da economía no 2003, a producción
industrial creceu un 10% (mais rápido que a tasa de crecemento do 1-2%
no Reino Unido e do actual de Corea do Sur), cun incremento do 21% na industria
pesada e un 27% na producción de cemento. O presuposto ten hoxe un excedente
do 2,7%.
A economía da RPDC está lonxe do “colapso”. Automobeis,
televisores, ordenadores ou productos textís son producidos en Corea,
exportados e mellorados na súa calidade.
Un rasgo fundamental na economía norcoreana é a súa independencia,
reflexada na Idea Zuche, que supón a construcción do socialismo
dacordo coas peculiariedades do país e da súa cultura, e que lle
da grande importancia a independencia do país no político, económico
e na defensa para depender o menos posible de factores externos, xa que a economía
da RPDC non será nunca totalmente autosuficente. Un grande obstáculo
para o desenvolvemento da economía da RPDC é o embargo de EEUU,
que impide a inversión de empresas extranxeiras no país que veñen
a establecer “Joint Ventures”.
¿ Esta a facer a RPDC reformas cara o capitalismo?
|
De ningún xeito. A inversión extranxeira
lévase a cabo na RPDC por medio de “Joint Ventures”, para
as que se forman Zonas Económicas Especiais, vixiadas polo Exército
Popular e rigurosamente separadas do territorio nacional, coma as de Kaesong
ou Sinuiju. Multinacionais coma FIAT, Alcatel ou a americana ABB alugan estes
territorios sen ser propietarios de nada, sendo as condicions laborais de xornada
de 8 horas fixadas polo goberno da República, e recibindo deste xeito
o país a divisa en dólares, necesaria para adquirir productos
no mercado mundial. A RPDC non vai tomar as reformas ó capitalismo que
tomaron Estados socialistas coma a China: Non hai negocios privados, nin restaurantes
posuídos por particulares nin xente que traballa para individuos. O sistema económico socialista norcoreano basease no sistema de traballo Taean, que supón unha xestión científica e racional da forza de traballo colectiva, e na planificación dos sistemas de producción colectivos. Unha cita do Secretario Xeral do Partido do Traballo de Corea Kim Jong Il: “Algunhas persoas ilusionanse coa sociedade capitalista e só miran a súa apariencia luxosa sen percatar a súa natureza de explotación e corrupción, adoran os productos de luxo que satisfan o deformado gusto da clase adiñeirada, sen ver ós parados, ós pobres durmindo na rúa e os nenos abandoados”. |
|
¿ Sofre a poboación norcoreana a fame?
Non. É verdade que na RPDC houbo escasez
de alimentos pola desintegración do COMECON (de axuda mutua entre os
países socialistas), polas catastróficas inundacions e as prolongadas
sequías e polo bloqueo de EEUU. A falla de enerxía (electricidade,
petróleo...) debido ás sancions afectou moito o sistema agrícola
norcoreano altamente mecanizado, que veuse obrigado a recurrir ó traballo
manual para alimentar a unha poboación de 23 millons de persoas. Os coreanos
reaccionaron compartindo
as súas escasas provisions, prestando especial atención ós
sectores mais vulnerables da poboación, coma os nenos e os vellos. A
diferencia das sociedades capitalistas, nas que unha semellante falla de alimentos
faría que sectores minoritarios da poboación aproveitaran para
acapar alimentos, especulando e facendo fortuna con eles mentres as masas morren
de fame, a Corea socialista afrontou dun modo digno e humano as dificultades
e hoxe en día, o sistema de racionamento xa esta limitado a uns poucos
productos. O stock de alimentos xa está restaurado e as colleitas recuperaron
o nivel de antes da crise, e agora trabállase por restaurar o stock de
medicamentos en prevención de futuras crises.
Un funcionario da Organización Mundial da Saúde afirmou que “vistas
as circunstancias, Corea saíra ben. Non quero nin imaxinar as consecuencias
que as mesmas catastrofes terían noutros países do Terceiro Mundo”.
Tampouco hai que esquecer que incluso nos anos mais duros da crise, os norcoreanos
dispuxeron de educación e sanidade gratuitas, aloxamento, emprego, alimento
e roupa proveídos polo Estado. O analfabetismo, o paro, a carestía
de vivenda e a prostitución son rasgos do capitalismo, totalmente alleos
ós norcoreanos.
Hoxe en día, a pesares de que o goberno da RPDC declarou ó Programa
Mundial de Alimentos que superara a crise alimentaria no ano 2000, esta crise
segue a existir na imaxinación dos reporteiros da CNN ou the New York
Times, por nombrar só uns poucos, que, ás ordes de Washington,
seguen co firme obxectivo de denigrar a imaxe da RPDC de cara ó mundo.
¿ Cométe a RPDC abusos ós dereitos humanos?
As
fontes que falan de violacions dos dereitos humanos en Corea veñen en
parte de persoas que visitaron o país e que son sometidos a un proceso
de interrogación trala súa chegada ó Xapón ou a
Corea do Sur, para sonsacarlles todo tipo de declaracions, recurrindo ó
soborno. Estas declaracions non poden ser certas na medida en que os extranxeiros,
por medidas de seguridade, non poden viaxar libremente pola RPDC.
Por outra banda, os tan publicitados informes dos chamados grupos “defensores
dos dereitos humanos” e outras ONG’s teñen coma fonte de
“información” os rumores e as oídas, moitas veces
fabricadas para denigrar a imaxe do país. Organizaciones cristiás,
fundaciones dereitistas ou fontes gubernamentais con unha forte axenda anticomunista
financian estes grupos. O que “Human Rights Watch” ou “Amnistía
Internacional” non contan é que os Artigos 67 e 68 da Constitución
Socialista da RPDC garante os cidadans a liberdade de expresión, de prensa,
de asemblea, de asociación, de manifestación e de relixión
e que tódolos cidadans teñen dereitos individuais, vitais, así
coma dereitos de igualdade e desenrrolo.
¿É Corea do Norte unha dictadura?
Cando os medios de comunicación das potencias
capitalistas falan de “dictadura”, refírense a miúdo
a sistemas que non obedecen os intereses do gran capital e do imperio, verdadeira
razón pola que eles os tachan de “ilexítimos”.
Na Corea socialista non hai clases sociais, polo que é lóxico
que non existan partidos burgueses e de dereita, pola propia inexistencia dunha
clase empresarial ou oligárquica explotadora. A RPDC é unha democracia
obreira multipartidista gobernada por unha cámara lexislativa, a Asemblea
Popular Suprema, na que teñen representación os tres partidos
políticos: O Partido do Traballo de Corea, o Partido Chondoista Chongu
e o Partido Socialdemócrata.. O Secretario Xeral do Partido do Traballo
de Corea é tamén presidente do Comité Nacional de Defensa
e é elexido por sufraxio universal. Hai que destacar o papel do Secretario
Xeral do PTC Kim Jong Il na loita contra o revisionismo xa dende os anos 70,
que dexenerou a tantos partidos comunistas de todo o mundo e que provocou a
caída do bloque socialista a finais da década dos 80.
O Partido Chondoista Chongu fundouse no 1946 e formouse na base da loita dos
campesinos Chondoistas contra os ricos terratenientes. Ten 13.000 membros.
O Partido Social Democrático foi fundado en 1945 foi visto coma o partido
dos intelectuais; Ten mais de 30.000 membros.
O Partido do Traballo de Corea, masivamente apoiado pola poboación, ten
preto de 5 millons de membros.
Todos eles forman o Frente Nacional pola Reunificación da Patria.
De calquera xeito, o número de partidos políticos queda en segundo
plano á hora de calificar a un sistema coma xenuinamente democrático
ou non. O que fai a un sistema democrático é a participación,
e non a “representación”, do pobo nos asuntos públicos,
para o cal é imprescindible a igualdade social, xa que a desigualdade
de clase coloca a uns individuos en situación de desvantaxe respecto
a outros, creando unha inxustiza, tanto no plano social e económico coma
no político. Para que un sistema poida ser considerado coma democrático,
o peso popular debe estar presente en tódalas esferas, e ningún
cargo político, aínda sendo ministro, debe tomar decisions de
xeito unilateral sen consultar á poboación.
Os norcoreanos disfrutan do sufraxio universal a partires dos 17 anos.
¿Por qué Corea retirouse do Tratado de Non Proliferación Nuclear?
|
En 1994, EEUU quixo evitar que a RPDC pudiese proporcionarse electricidade
pola súa propia conta, coa excusa de que lle alarmaba a “intención
de Corea do Norte de producir armamento nuclear”. Por iso firmouse o Acordo
de Xinebra en 1994, polo que EEUU comprometíase a construir dous reactores
nucleares de auga lixeira (que non poden ser utilizados para a producción
de armas atómicas) que deberían estar rematados no 2003, e mentres
tanto enviaba barcos de crudo á RPDC mensualmente para suministrar enerxía,
e a cambio a RPDC comprometíase a abandoar a construcción dos
reactores nucleares de grafito. O resultado é que EEUU iniciou a construcción dos reactores no 2003, cando xa deberían estar rematados, e incluso no mellor dos casos estarían construidos no 2009. Isto, unido a política hostil do presidente Bush á RPDC, inluíndo ó país no seu “eixo do mal”, fixo que a RPDC tomara a decisión de construir os seus propios reactores nucleares de grafito, e de aumentar o benestar do pobo e suministrar electricidade á industria e os fogares. A RPDC está decidida a non desmantelar o seu programa nuclear ata que os EEUU non firmen un pacto de non-agresión e abandone a súa política de hostilidade cara a un país que non ameaza a ninguén. |
|