SISTEMA POLITICO
O sistema político norcoreano pretende establecer unha democracia participativa e directa, de xeito que o peso popular estea presente en tódalas esferas da República. Nas eleccions escóllense representantes para os Comités Populares locais, de distrito e provinciais, e á Asamblea Popular Suprema. Os Comités Populares locais envían ó nivel superior as peticions e as queixas, que chegan ata nivel nacional, onde se toma unha decisión dacordo cos recursos disponibles e as circunstancias.
A Asamblea Popular Suprema é o organismo fundamental de poder na República e exerce o poder lexislativo. Os seus membros son elixidos por sufraxio universal e secreto. Elixe a un Comité Permanente que consiste do Presidente, Vicepresidente, Secretario e outros membros. O Presidente e o xefe do Estado e é elixido pola APS. O Comité Permanente guía e supervisiona os organismos e os asuntos do Estado.
O poder administrativo e executivo corresponde ó Consello Administrativo, e traballa baixo as orientacions do Presidente da RPDC e do Comité Permanente.
Pola non existencia dunha clase social explotadora e propietaria dos medios de producción, non hai na RPDC partidos de dereita, burgueses e pequeno burgueses, que colman os parlamentos das chamadas “democracias occidentais”.
Sí existen partidos da clase obreira nos que o pobo pode participar amplamente e que representan as mellores tradicions de loita e aspiracions emancipatorias do pobo coreano. A clase obreira, ó igual que a burguesía, é unha clase social heteroxénea na que hai obreiros, campesinos, intelectuais... e todos teñen os seus representantes na Asamblea Popular Suprema.
Por unha banda, o Partido Chondoista Chungu fundouse o 8 de Febreiro
de 1946, e representa ós chondoistas que son na súa maior parte
agricultores. Tratase dun partido relixioso dos agricultores que participaron
nas loitas contra a pobreza na década de 1890 e no levantamento popular
do Primeiro de Marzo contra o dominio colonial xaponés en 1919, e adopta
o innechon (o home é deus) coma a súa idea de referencia. Esta
idea salienta a necesidade de dar outorgar grande respeto os seres humanos.
As súas tarefas inmediatas son obter a reunificación pacífica
e independente da patria, a unidade nacional e crear unha sociedade igualitaria
da “insan muin” (ningunha persoa por enriba de outra) e “inha
muin” (ningunha persoa por debaixo de outra), e a súa meta final
é fundar un paraíso na terra que sexa compatible coa natureza
e a sociedade.
O partido participa activamente no goberno da nación cos seus 22 diputados
na Asamblea Popular Suprema, 300 gobernadores e funcionarios locais e 276 en
organizacions económicas e administrativas, locais e centrais.
Está presidido pola señora Ryu Mi Yong, Membra do Comité
da APS.
O Partido Social Democrático fundouse o 3 de Novembro de 1945,
con pequenos e medianos propietarios, alguns campesinos e cristians e baseado
no antiimperialismo e no antifeudalismo das masas populares para erradicar as
consecuencias da ocupación do Imperio Xaponés e construir unha
sociedade democrática. As súas metas mais salientables son: Manter
a Chajusong (autosuficiencia) da nación, preservar a democracia no ámbito
político, desenrrolar o sistema económico socialista, incrementar
o nivel de vida do pobo, promocionar as artes nacionais e a cultura, e loitar
pola reunificación pacífica e independente de Corea.
O partido ten 51 diputados na APS, 890 gobernadores e funcionarios en autonomías
locais, e 189 en organizacions económicas e administrativas, locais e
centrais.
O seu actual presidente é Kim Pyong Sik, que é vicepresidente
do goberno da RPDC.
O Partido do Traballo de Corea, foi fundado polo Presidente Kim Il Sung, morto en 1994, que liderou a loita do pobo coreano contra a ocupación xaponesa e que creou a Idea Zuche. A Idea Zuche establece claramente que a propia idea socialista coreana non é simplemente un desenrrolo orixinal do marxismo, senón que é un novo concepto de sociedade moito mais avanzado que as teorías orixinarias da obra de Marx “O Capital”; Para os norcoreanos, Marx e Lenin foron grandes revolucionarios na medida que analizaron a sociedade capitalista e a transición ó socialismo, mais non pudieron entender que significa para os seres humanos vivir nunha sociedade socialista: Segundo a Idea Zuche, o home está dotado de espírito independente (quere progresar sen sentirse sometido nin restrinxido), con capacidade creadora, (que transforma a natureza para adecuala as súas necesidades), e conciencia (que lle permite acumular os coñecementos adquiridos da experiencia). O colectivismo satisface o afán de independencia que é común a tódolos individuos, xa que só nunha sociedade na que os individuos colaboran e se axudan entre eles, respetando plenamente os dereitos dos demais membros do colectivo social, pode o individuo despregar ó máximo a súa capacidade creadora e satisfacer o seu desexo de independencia. Como se pode comprobar, este colectivismo contrasta claramente co individualismo da ideloxía burguesa, na que prima a competitividade e o egoísmo dos individuos, ideoloxía resumida na frase de Mussolinni de “dopo io, sempre io, viva io”.
Por outra banda, a Idea Zuche establece que a base da nación
e a autosuficiencia e o respeto á independencia, tanto de Corea coma
dos demais países do mundo. Ningún país pode manter unha
verdadeira independencia se non é verdadeiramente soberano, e se salienta
deste modo a independencia no político, económico e militar. O
Secretario Xeral Kim Jong Il, sinala que unha das principais razons da destrucción
do socialismo en outros países, era a dependencia respecto ós
outros superpoderes socialistas, coma a China ou a URSS. Polo que, aínda
que a RPDC estivo moitas veces baixo presión de converterse nun “satélite
privilexiado” de calquera destes dous superpoderes, o Presidente Kim Il
Sung sempre salientou a independencia e nunca se posicionou no conflicto entre
a URSS e a República Popular China, ó considerar que loitar entre
comunistas é fraccionalismo e crear unha vantaxe ó inimigo. Na
RPDC tamén considerase que unha das causas da caída da URSS foi
a insuficiente importancia que se lle deu a armar as masas dunha ideoloxía
socialista, que primara o colectivo e que reforzara o seu afán de independencia.
O Partido do Traballo de Corea (PTC) ten a súa orixe no Partido Comunista
de Corea do Norte, fundado tras rematar de liberar ó país do imperialismo
xaponés ó final da II guerra mundial. Este se converteu no Partido
do Traballo de Corea do Norte pola fusión con outro partido dos traballadores.
En Xuño de 1949 este converteuse no Partido do Traballo de Corea, trala
unión co Partido do Traballo de Corea do Sur. Esta tarefa non foi sinxela,
pola cruel administración militar dos EEUU en Corea do Sur e por toda
clase de oportunistas, rexionalistas e revisionistas que obstaculizaban a fundación
dun verdadeiro partido do proletariado, que fixera posible a construcción
dunha nova patria unindo os esforzos de todo o pobo. O camarada Kim Il Sung,
que liderou a resistencia armada contra o imperio xaponés dende os anos
30, dixo que o Partido debía agrupar a tódolos traballadores baixo
unha mesma bandeira. Hoxe o partido ten 5 millons de membros.