MENTIRAS U.$.A

Esta sección vai especialmente adicada a indagar un pouco en ver como funciona a factoría de mentiras do imperio das barras e as estrelas. O seu engranaxe e o diñeiro, o seu motor o afán de EEUU de dominar o mundo e as suas ferramentas, toda unha comparsa de supostas “ONG´s” o “organizacions de dereitos humanos” ligadas dun ou outro xeito ó gran capital totalitario dos USA.

A Defense Forum Foundation e o Chosun Ilbo

As organizacions surcoreanas de “dereitos humanos en Corea do Norte”


A Defense Forum Foundation e o Chosun Ilbo

ONG´s Anti – RPDC intensifican a súa campaña
Por Alejandro Cao de Benos

No escenario actual internacional de Corea existe un grupo moi influínte que executa os desexos das grandes industrias multinacionais sen un mínimo afan de obxectividade. A sua axenda e destruir o sistema socialista da RPD de Corea.

Este grupo ten moitas subseccions e individuos servís. Crea propaganda orientada a denigrar a imaxe de Corea do Norte e crear escenas teatrais que mais tarde son enviadas os masss media xunto con historias sensacionalistas para incrementar as suas valoracions.

Dous dos membros principais deste grupo son a Defense Forum Foundation (DFF) e o xornal surcoreano Chosun Ilbo.

A DFF esta vinculado o lobby de defensa norteamericano e é unha organizacion promilitar. O presidente da DFF e J. William Middendorf, que casualmente tamén serve coma secretario do tesouro do “International Republican Institute”. Middendorf ofrece un claro exemplo de empregado da administracion Bush no seu proxecto de extender a sua propaganda de “dereitos humanos en Corea do Norte”. Algunhas das responsabilidades deste mentireiro en xefe incluen servir coma presidente da Intelligence Operations Group of the Presidencial Transition Team between 1980- 1981, asi coma membro do Military Advisory Committee da campaña de Bush para presidente en 1988.

Non moito tempo atrás outro grupo dos EEUU, declarando abertamente a súa afiliación ó DFF, comezou unha protesta en fronte da Mision Chinesa das Nacions Unidas en New York para protestar o tratamento dese pais de refuxiados norcoreanos. Afirmando varios miles de membros na sua páxina web, tales cifras son unha esaxeración. Na súa fotografía mais publicitaria non mais de 12 individuos, todos eles coreanos americanos, estan a facer unha pequena e lastimosa manifestación.

Suzanne Scholte, Presidenta da DFF, non é allea a eventos patrocinados por organizacions de “dereitos humanos” en Corea do Norte. Tamén é presidenta da CHG Associates, unha compañia de Virginia que proporciona xestión, fondos e outros servizos para corporacions e organizacions non lucrativas. Esa é a fonte que financia o pagamento dos actores que fan teatro en fronte das embaxadas en Beijing, aparentando ser norcoreanos solicitando asilo.

Sen dúbida, eses “refuxiados” son actores pagados. Nunha ocasion tiven unha xuntanza cun representante dun prestixioso canle de television americano en Beijing que rexeitou cubrir os tan publicitados casos de refuxiados nas embaxadas. ¿Por qué? El explicou que a sua canle non cubre historias sensacionalistas, e que todos as « invasions » de embaixadas extranxeiras que os occidentais ven en novas e documentais son falsas. El explicou con detalle, incluso como preparan o cabelo dos actores chino-coreanos e lles fan chorar antes de ordearlles o asalto da embaixada surcoreana de xeito que o teatro semelle mais dramatico e desesperado.

Unha desinformación de tal calibre e claramente desmentida pola realidade da moderna Corea do Norte, un pais que actualmente ofrece ó seu pobo a mais alta calidade de vida. Cando un visita a RPD de Corea é testigo da forte unidade da nación coreana e da preservación do socialismo Zuche.

Unha imaxe vale mais que mil palabras, e canta mais xente visita a RPD de Corea, mais dificil lles será os expertos anticomunistas perpetuar a mentira da « miseria de Corea do Norte ». A tempo, todo o diñeiro e recursos de Washington non será suficente para ocultar as suas evidentes mentiras, e a súa campaña de desinformación quebrará en mil anacos.

Un debería tamén preguntarse como o DFF, unha ramificación militar do goberno de EEUU, pode manter a apariencia de organización de dereitos humanos cando o propio US army é responsable de asasinar a miles de nenos e civis inocentes en Iraq e de conquistar outros paises para o Emperador Bush.

O pobo dos EEUU que desexa a paz e a amizade con nacions extranxeiras debe deixar de permitirlle o seu goberno a interferirse nos asuntos soberanos doutros paises e a respectar diferentes culturas e sistemas políticos.

Se a DFF proporciona o apoio loxistico para elaborar a campanha anti - Corea do Norte, Chosun Ilbo pode ser vista a sua vez coma unha das maiores armas de propaganda. O Chosun Ilbo é un xornal surcoreano cunha circulación diaria de aproximadamente 2.220.000 de exemplares. Chosun Ilbo serve coma voceiro do partido conservador pro – Americano Grand National Party ( de Corea do Sur ) e é estreito aliado do DFF. Baixo o pretexto de prover obxectiva información, a súa maquinaria traballa actualmente para elaborar parte da propaganda mais intensa contra a RPDC.

Chosun Ilbo frecontemente reproduce novas do Voice of America ( VOA ), por exemplo. VOA, que emitiu por primeira vez en 1942, é un servizo de radiodifusión internacional multimedia fundada polo goberno dos EEUU.

Polo tanto as pezas do puzzle comezan a encaixar. A DFF fabrica as “novas” sobre Corea do Norte e proporciona os fondos para a súa difusión. A propaganda vai o VOA, que e efectivamente parte do goberno dos EEUU, e é mais tarde reproducido polo Chosun Ilbo, o seu servo surcoreano. Despois de que todo este dito e feito, moitas axencias internacionais toman calqueira asunto que foi fabricado pola máquina de propaganda e con ignorancia contribúen a levar as mentiras a mais fogares.

Vinculos interesantes tamen existen entre VOA e Radio Free Asia (RFA), pero eles son a parte inferior da xerarquía. Está mais que claro quen paga a quen, e para que.

Unha cousa esta clara : A comunidade internacional esta cada vez mais cansa de novas falsas. Canto mais falo con xente, mais estan interesados en coñecer a realidade da RPDC e oir que teñen que dicir os verdadeiros norcoreanos. Os testigos son agora mais ca nunca capaces de distinguir a verdade das excentricas historias inventadas polos millonarios da Defense Forum Foundation de cumprir os militaristas e fanaticos desexos de G.W Bush.

Os seus dias estan contados. Bush e os seus amigos da DFF poden ter millons de dolares para construir estacions de TV, contratar tiburons e usalos coma animais de caza. Pero a Korean Friendship Association é o movemento global para defender Corea do Norte non precisa de apoio financieiro de ningunha corporacion multinacional ou goberno, porque a nosa arma e moito mais poderosa : A verdade. Miles de adicados individuos ó redor do mundo están a extender esta verdade, adicando o seu tempo e enerxías a combatir as mentiras e a propaganda da maquinaria de guerra de Bush, amosando a sua xenuina solidariedade con Corea do Norte.


Organizacions surcoreanas de “dereitos humanos en Corea do Norte” reciben 900.000 $ do goberno de
EEUU.

Trátase de cinco organizacions de dereitos humanos radicadas en Corea do Sur que comezaron as suas actividades anti-RPDC en 1999 con un total de 900.000 $ pola organizacion financiada polo US goverment “National Endowment for Peace”.
Estas organizacions levan a cabo representacions teatrais de « refuxiados norcoreanos » en embaixadas extranxeiras en China para denigrar a imaxe de Corea do Norte e retratar ó pais coma « próximo o colapso ».

Esta revelación provén do 21 de Outubro do 2004 pola maña cando o Parlamento de Corea do Sur estaba falando co reporteiro do Chosun Ilbo Kim Chol-hwan, que e representante dos Headquarters of the Movement for Disbandment of Detention Centers for Political Detainees. Kim Choll-hwan estaba a ser investigado nun control do Ministro de Reunificacion.

El afirmou: “Estas organizacions de dereitos humanos en Corea do Norte informan regularmente o NED (“National Endowment for Democracy”) da situacion dos dereitos humanos nese pais a cambio de financiamento e esaxerando deliberadamente a situacion para recibir mais fondos.”

As suas actividades, declarou, estabrecen o borrador o Congreso dos EEUU para preparar o North Korean Human Rights Act.

Hwa-young revelou que a “Citizens´Alliance for North Korean Human Rights” recibía un total de US$349.865, a “Network for North Korean Democracy and Human Rights” US$200.000, a “Citizen´s Alliance to Help Political Prisioners in North Korea” US$78.000, a “Democracy Network Against North Korean Gulag” US$75.000, e o Database Center for North Korean Human Rights US$40.000.

“Os EEUU interviron amplamente nos asuntos internos de moitos paises na guerra fria a traves da CIA e co National Endowment for Democracy dende ó fin deste periodo. A pesares da sua apariencia de ONG, a NED e virtualmente unha institucion do goberno dos EEUU, creada polo Congreso e financiada polo Departamento de Estado. A NED inmiscuiuse nos asuntos internos de países do Terceiro mundo, coma Chile, Haiti e Mongolia. “Referiuse tamen o apoio financieiro do NED as forzas opostas o Presidente nicaraguese Daniel Ortega.