XEOGRAFIA

Xeografía física

-Situación: Corea, entendida coma a parte Norte e Sur do país, está situada a unha latitude moi semellante a Espanha, a 43° 00´ 36´´/ 33° 06´ 32 ´´ Latitude Norte, mentres que a sua posición lonxitudinal e 124° 10´ 47´´/ 131° 52´ 40´´ Lonxitude Leste. A sua zona horaria corresponde a do meridiano 135°, o que quere dicir que van 8 horas adiantados respecto a nos.

Corea esta formada por unha peninsula e 4.198 illas. A superficie corresponde mais ou menos a metada da do Estado español: 222.209 Km2, dos cales 5.974 (2,6%) corresponden a illas. A RPDC ou Corea do Norte ten 120.540 Km2, mentres que a Republica de Corea ou Corea do Sur ocupa 99.392 Km2 (territorio lixeiramente maior ca Portugal).

Corea fai frontera o Norte con dous xigantes, a Republica Popular China e a Federacion Rusa, cos rios Jalu e Tumen coma fronteira natural.

-Relevo: Considerando a parte Norte do pais, referimonos a un territorio moi montañoso con profundos vales. As montañas exténdense en dirección NE-SO e ocupan o 80% do pais, que ten unha altitude media de 440 metros sobre o nivel do mar. Destaca a beleza dunha paisaxe formada por pintorescos ríos e montañas.A cima mais alta e a do Monte Paektu (2.750 m.), localizado na fronteira Norte. O pico da montaña é un cono volcánico formado fai 1.000.000 de anos. Segundo a lenda, aqui estabreceuse o primeiro reino de Corea, 5.000 anos atrás. Esta montaña é tamén unha importante reserva de fauna.
A maioria dos solos nas zonas montañosas teñen un escaso contenido en humus (materia orgánica en descomposición) e son relativamente improductivas. Ademais estan aqui as secuelas dos masivos bombardeos con napalm que soltaron os EEUU na guerra entre 1950-1953.
As chairas ocupan unha pequena proporción do pais, e predominan sobre todo no Oeste e o Sur, asi coma en vales fluviais. Nelas cultivase arroz, que é o principal producto agrícola.

E un pais rico en recursos minerais: Carbón, ferro, cinc, cobre, lignito, plomo e manganeso.

A península de Corea da ó Mar de Xapon ó Leste, ó Mar Amarillo ó Oeste e ó Mar de Corea do Sur. O azote das mareas do Mar do Leste formou neste litoral esplendidos acantilados e illas rocosas. A costa Sur e Oeste do pais ten un relevo suave que en forma de chairas e multitude de pequenas illas cunha chea de calas.
O 37% da plataforma continental (coas mesmas caracteristicas litoloxicas que as terras emerxidas, o contrario que a plataforma oceanica) ten mais de 1.000 metros de profundidade. Hai mais de 353 especies de pescado polo cruce de calor ecuatorial e o frio do Norte.

-Hidroloxia: Os rios e afluentes xogaron un importante papel no desenrolo da industria e a sociedade. Casi tódolos rios comezan nas montañas e diríxense cara o Oeste, ó Mar Amarillo. Nesta costa occidental forman profundos estuarios. O rio mais longo, o Jalu (790 Km), forma unha parte da fronteira coa R.P China. Ó longo do val deste rio estabreceronse centrais hidroeléctricas. Outros rios son o Taedong, o Chong-chon e o Chaeryong. Dos rios mais importantes o Leste, so esta o Tumen e desemboca no Mar de Xapón.

-Clima: A RPDC ten un clima continental con veranos cálidos e invernos fríos. A temperatura media en Pyongyang en Xullo e de 24,4°C, por poñer un exemplo. En inverno teñense rexistrado temperaturas de –43°C.
A Temperatura media e de 8 – 12°C, e a precipitación, de 1.000 – 1.200 mm anuais. En verano e a estación mais chuviosa, debida ó monzon (ventos húmidos e cálidos do S-SE que soplan cara a baixa presión formada no verán no centro do continente asiático), o cal permite cultivar arroz e outras plantas. Nos meses de veran chove o 50 – 60% do total das precipitacions.

Número de horas de sol ó ano: Entre 2.280 e 2.680, bastante superior ca maioria doutras rexions da mesma latitude.

Podes consultar unha paxina na que se mostra o tempo nas 12 cidades principais da RPDC: www.korea-dpr.com/users/poland/pogoda.htm